jueves, 30 de abril de 2020

45º HOXE RECOMENDAMOS

¿Algunha vez mirastes ao ceo e vistes unha chea de estrelas brillando?
Seguro que vos preguntastes por que brillan. Pois nós hoxe decidimos investigar un pouco o por que e atopamos un vídeo no que o explican xenial,aquí volo deixamos.








 Disfrutadeo!!


44° HOXE RECOMENDAMOS

Boas días a todos e todas! Sabemos que xa podedes saír a rúa, por iso decidimos ensinarvos este conto chamado "Oso goloso", que nos explica como seguir unhas normas para protexernos do virus. Bótadelle un vistazo!!!



miércoles, 29 de abril de 2020

43º HOXE RECOMENDAMOS

Pedras no camiño

Xa que os nenos e nenas agora poden sair, traemos unha proposta que consiste na búqueda de algunha pedra para decorala e poñer un mensaxe ou debuxo, para cando volvades a sair a calle deixar esa pedra en algún sitio para que outros nenos e nenas cando saian as vaian buscando e topándose con elas. ¡¡Espero que vos guste, esperamos fotos das vosas pedras pintadas!!



RETO 17

RETO MENTE EN FORMA: CHOIVA MÁXICA DE CORES

Hoxe traémosvos dos nosos experimentos favoritos xa que é moi divertido e relaxante. Trátase da choiva máxica de cores e para poder facelo tan só necesitades:

  • Un vaso grande de auga
  • Aceite (girasol)
  • Colorantes alimentarios ou pintura diluída con auga
Tendes/ que botar primeiro  auga, despois o aceite e para rematar vas vertendo as pingas de colorante amodo sobre o aceite.




Agora a gozar das formas e debuxos que se van formando no auga!!!

RETO CORPO EN FORMA: XOGAMOS CON GLOBOS

Hoxe queremos celebrar con vos que xa podedes sair da casa (aínda que sabemos que por pouco tempo e con moitas precaucións). Por iso traemos una serie de xogos  físicos con globos.


En canto as actividades propoñemos algunhas a nivel idividual e outras nas que poden participar máis persoas. De todas as que propoñemos elexides a que máis vos guste.

  • Carreira con globos nos xeonllos: Este é un exercicio para facer mínimo entre dúas persoas, ainda que se queredes tamén o podedes facer individualmente. Debedes colocar o globo entre os xeonllos e desplazarse cara adiante ata chegar á meta.

  •  Globos con altura: Este exercicio trata sobre darlle altura ao globo e evitar que caia mentras o tocamos con diferentes partes do corpo. Podemos tocalo coas máns, cos xeonllos, coa cabeza ou cos pés.


  •    Soplidos traicioneiros: Trátase de levar na palma da mán un globo e teremos que movernos polo espazo sen que se nos caia. Si o facedes entre varios participantes tendes que procurar que se lles caia o globo aos demais soplando.

  • Volteretas con globos: Este é un exercicio dificilísimo que se debe de facer sobre unha superficie blanda. O reto consiste en elevar o globo, facer unha voltereta e recoller o globo no aire antes de que chegue ao chan. 
¡Esperamos que vos gusten as nosas propostas de hoxe e esperamos vervos facendo algún dos retos que propoñemos! ¡Moitas apretas virtuáis, xa vai quedando menos!🎈🎈

martes, 28 de abril de 2020

42º HOXE RECOMENDAMOS


TINTA INVISIBLE

Seguro que algunha vez quixeches enviar mensaxes secretas para que ninguén máis que o destinatario/a vise. Hoxe queremos compartir con vós un vídeo onde se nos explicar tres xeitos diferentes de crear tinta invisible. ¡¡Animámoste a que probes, seguro que che gusta!!




41º HOXE RECOMENDAMOS


O PRINCIPIÑO

Hoxe queremos recomendarvos a historia do Principiño, unha novela que nos trae unha ensinanza da importancia de disfrutar das cousas máis simples, da amizade e do complicado que é o mundo adulto. Dise que cada persoa saca as suas propias ensinazas ao ler esta historia, agora mesmo non podemos mercar o libro en papel, pero deixámosche un video con unha adptación da novela. ¿Qué ensinanzas atopaches ti?






lunes, 27 de abril de 2020

40º HOXE RECOMENDAMOS


SEGUIMOS COA RECICLAXE



Seguindo coa temática do reto da mente desta mañá, queremos deixarvos un video onde se explica moi ben a importancia que ten a reciclaxe.




QUEREMOS ANIMARVOS A QUE SE NON O FACEDES XA, COMECEDES A RECICLAR, EN CONXUNTO PODEMOS COIDAR O PLANETA.

RETO 16

RETO MENTE EN FORMA: A RECICLAXE



Hoxe queremos falarvos da importancia que ten a reciclaxe. Pero… ¿qué é a reciclaxe? Esta técnica consiste en darlle unha segunda vida aos residuos que xeneramos, e para isto so temos que separar o noso lixo de xeito correcto para levar a cada un dos contedores que hai nas rúas.

Reciclar é unha das pequenas cousas que todos e todas podemos facer no noso día a día, pero que teñen unha gran importancia para un futuro medioambiental sostible. Darlle unha segunda vida ao lixo supón unha menor explotación dos recursos naturais que nos ofrece o planeta, e tamén que ese lixo se acumule en vertedoiros ou que remate no mar ou nos bosques, en definitiva coidamos un pouquiño máis do noso planeta.

¿Ti sabes reciclar?
Ainda que hai unha gran cantidade de contedores, hoxe comezaremos polos principais:


  • O amarelo para envases de plásticos, briks e envases metálicos
  • O azul para papel e cartón
  • O verde para vidro
  • O verde oscuro ou marrón para os residuos orgánicos

E dito isto… ¡¡queremos retarte!! ¿Saberías decir a qué contedor vai cada un destes residuos?





RETO CORPO EN FORMA: COORDINADO

O reto de hoxe será especialmente divertido. Cada monitor vai plantexar un reto no que precisaredes de toda a vosa coordinación e que debedes superar o máis rápido que poidades e cos mínimos intentos que sexa posible. ÁNIMO:


Reto paseo entre papéis: Para desenvolver este reto necesitaredes duas pezas de cartóns/cartulinas ou papéis. É moi sinxelo, tan só poderedes camiñar sobre as pezas de papel de maneira que para dar un paso cara adiante teredes que coller o papel que deixachedes atrás, e así sucesivamente ata chegar a meta. 








Reto derriba coa cabeza: 





Reto transportes sen perder o equilibrio: 



Reto encesta rápido:





domingo, 26 de abril de 2020

39º HOXE RECOMENDAMOS


O bosque animado, sentirás a súa maxia

Hoxe traémosvos unha recomendación moi divertida sobre a natureza. Esta película conta a tranquila vida nunha fraga a través dos persoaxes que a habitan, como os animais e as árbores. Pero de pronto todo cambia  ¡aparece un poste de telefonía!  E con el os problemas, a colonia de toupiñas desaparece e os habitantes do bosque terán que aliarse para que a tranquilidade volva a fraga.

sábado, 25 de abril de 2020

38º HOXE RECOMENDAMOS



A recomendación de hoxe consiste en completar esta capsula do tempo. Dado que este é un acontecemento histórico e ademáis dispoñemos de moito tempo é o momento perfecto para facelo e asi poder pasar algún tempo dedicado so a nós mesmos.
Dentro de uns anos poderás lelo e recordar estos momentos.

viernes, 24 de abril de 2020

46° HOXE RECOMENDAMOS

Recorda sempre a lección e este será un mundo mellor...





37º HOXE RECOMENDAMOS

Hoxe, para despedir a semana, vos queremos amosar un video que nos chega de parte de os bombeiros e a policia de A coruña no que nos agradecen a nosa colaboración por quedar na casa. 
ÁNIMO e MOITAS GRACIAS!!

RETO 15

RETO DA MENTE: SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Hoxe traémosvos un reto especial, xa que seguimos celebrando o día do libro. Pero antes de poñervos a proba queremos que vos fixedes no seguinte:

A continuación vemos tres imaxes que en principio non teñen moita conexión entre elas:


 Pero aquí vos deixamos un pequeno conto (descoñecemos o autor/a) que lle dará sentido e nos axudará a entender a conexión.

" Fai moito, moito tempo, un neno que paseaba por un prado cerca da casa dos seus avós, atopouse cunha gran árbore que tiña o seguinte cartel: "Son a árbore encantada, se dis as palabras máxica o comprovarás"


O neno probou con todas as palabras máxicas que se lle ocurriron "abracadabra, superfragilisticoespialidoso, tan-ta-ta.chán" e moitas outras, pero nada. Rendido, tirouse no chan e dixo ¡¡¡POR FAVOOOR, ARBOLIÑO!!! e foi entonces cando se abriu unha gran porta no tronco da árbore. Todo estaba escuro, menos un cartel que decía :"segue a usar a túa máxia" . Entón o neno dixo: ¡¡¡GRACIAS, ARBOLIÑO!!!, foi así como se acendeu unha luz que iluminaba un camiño que conducia a unha montaña chea de xoguetes e de doces de todo tipo.


O neno puido levar a todos os seus amigos e amigas a aquel lugar tan especial e pasar as mellores tardes do mundo, e por iso se di que "por favor" e "gracias" son as palabras máxicas!"

Esperamos que vos gustase tanto como a nós. E agora chegou o voso turno, sodes capaces de crear unha historia a partir das seguintes imaxes do conto" Catuxa te descubre A Coruña"?












Sabedes dicirnos en qué lugares está Catuxa e cómo se chaman??

RETO CORPO EN FORMA: MISIÓNS EN A CORUÑA

Continuando co dia do libro, en paticular co conto "Catuxa te descubre A Coruña" as probas de hoxe están ambientadas na nosa cidade .



Castelo de San Antón: Equilibrio con ollos abertos e ollos pechados.

A protagonista do conto, Catuxa, pasea polos alrededores do Castelo de San Antón cos ollos pechados. Nós propoñemos que fagades un xogo de equilibrio cos ollos abertos, e despois cos ollos pechados a ver si vos é fácil manter o equilibrio. 




Praza de Maria Pita: Loita de pulgares.

A praza de Maria Pita, na que se encontra o ayuntamiento de A Coruña, tamén é coñecida pola historia da muller que lle da o nome. Pois foi ela mesma a que loitou xunto con todos os coruñeses e coruñesas para vencer a uns forasteiros ingleses que querían asaltar a cidade. Para loitar Maria Pita utilizou os 5 sentidos e logrou levar acabo a súa hazaña.
Agora comprobaremos que ben utilizades os vosos sentidos:

O primero que faremos será vendar os ollos, a continuación facilitaremos diferentes alimentos ou obxetos para que averigue de que se trata sen utilizar a vista. Podemos utilizar, por exemplo, Un plátano, un cascabel, canela, un estropallo... 


Obelisco: Proba de agudeza visual.

Este monumento empezouse a construir en 1894, e trátase de unha columna moi alta e de forma octogonal na cal arriba de todo sitúase un reloxo. Para poder ver a hora, necesitamos practicar a agudeza visual, xa que non calquera pode vela ¿Non si?



Torre de HérculesConstrúe a túa propia torre.


Tras derrotar o xigante Xerión, quen tiña atemorizado a todos os habitantes de A Coruña, Hércules mandou contruir unha torre para que todos os coruñeses lembrásemos ¡O que fixo por nós!
Agora é o momento de recrear esta torre tan emblemática da nosa cidade con calquiera material que encontredes na casa.




Monte de San pedro: Xogo de esquivar.


A bateria de cañóns do Monte de San Pedro forma parte de unha antiga instalación militar de defensa costeira nun periodo no que habían moitas loitas. Nós propoñemos un xogo de esquivar. No noso caso utilizamos peluches pero podedes usar outros materiais blandos como coxíns ou papel e que non vos faga dano. 



Quedades todos e todas retados e retadas, e aínda que con un día de retraso pero...
 ¡¡Feliz día do libro!! 🌹

jueves, 23 de abril de 2020

36° HOXE RECOMENDAMOS

Sabemos que levamos moito tempo na casa, por iso para amenizar a corentena decidimos compartir con vós unha actividade moi divertida. 


Trátase dun escape-room que podedes facer en familia, cunha dificultade media. Para iso só tendes que facer click na seguinte imaxe:



Moita sorte!! 

35°HOXE RECOMENDAMOS

Ola familias!! 
Hoxe é un día especial xa que se celebra o día do libro e por iso queremos ensinarvos unha ferramenta moi interesante.
Coa app CREAPPCUENTOS podedes crear vós mesmos/as os vosos contos. Podedes engadir as imaxes que queirades, poñerlle texto e tamén podedes gravarvos contando algunha parte do conto. 



Enviádenos algunha parte dos vosos contos e así os publicaremos no blog para que poidan velo os vosos compañeiros. Animádevos! 

miércoles, 22 de abril de 2020

UTILIZACIÓN PLATAFORMA ZOOM

UTILIZACIÓN PLATAFORMA ZOOM


Os monitores do colexio do Víctor López Seoane queremos facervos chegar a seguinte información: dada a situación na que estamos inmersos imos engadir un novo sistema para poder estar en contacto con vos. A ferramenta chámase zoom e é moi sinxela de utilizar. Se queredes conectarvos mediante este novo sistema estade atentos e atentas ao blogue que próximanete anunciaremos fechas para vernos. ¡Moitas apertas e ánimos!



34º HOXE RECOMENDAMOS


DIA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA

A biodiversidade fai referencia a enorme variedade de especies que habitan no planeta Terra. Gracias a ela temos alimentos, materiais, roupa, medicamentos, auga de calidade etc. Pero lamentablemente este preciado tesouro está en perigro. Os expertos na conservación da natureza din que a pérdida da biodiversidade estase acelerando nas últimas décadas debido a varias ameazas provocadas polos seres humanos, como a destrucción de hábitats, o uso insostible de recursos naturáis, o cambio climático ou a contaminación.
Si hai algo que nos une a todos os seres que habitamos na terra é a auga. Por iso deixamos un experimento que podedes levar a cabo nas vosas casas na que se explica mediante a simulación o dano que fai a acidificación dos océanos nos diferentes organismos que viven nél.

https://www.youtube.com/watch?v=_l0UAzirPeM

RETO 14

RETO MENTE EN FORMA: LEITE MÁXICA

Ola familias! Hoxe decidimos compartir con vós un experimento moi interesante e fácil para facer na casa.

Para facelo necesitades:

  • Fairy (ou calquera que conteña quitagrasas)
  • Colorantes de diferentes cores
  • Leite enteira
  • Bastoncillos
  • Un prato
Para realizar o experimento debedes botar nun prato un pouco de leite. Despois encima da leite botade tantas gotas de colorante como queirades. E por último mollade un bastoncillo no xabón e a difrutar!

Deixámosvos un vídeo de exemplo! 




Esperamos as vosas respostas!

RETO CORPO EN FORMA: ¡CANCIÓNS MOTRICES!


Para o reto de hoxe imos mostrarvos duas cancións motrices. Bailar é un exercicio moi completo pois movemos todo o corpo, practicamos o ritmo e a coordinación a nivel xeral e ademais levar a cabo as cancións pode ser un momento divertido e incluso pode servirnos para aprender cousas novas. Tras esta introducción deixamos os nosos videos e animamosvos a que bailedes moito e nos enviedes os vosos bailes. ¡Apretas e ánimo!

Video: Head, shoulders, Knees and toes.




Video: chuchuwá.





martes, 21 de abril de 2020

33º HOXE RECOMENDAMOS


"FOR THE BIRDS"


Hoxe recomendámosvos un corto chamado “For the birds”, nel aparecen uns paxariños moi divertidos que nos traen unha ensinanza sobre o respeto aos demáis e a aceptación de todas as persoas que nos rodean. Como xa sabedes, isto é moi importe para entendernos e conseguir unha boa convivencia na aula e fora dela.
Contádenos a vosa opinión: ¿Credes que actuaron ben os paxariños pequenos co paxaro grande? ¿Qué Farías ti?


32º HOXE RECOMENDAMOS


Happy Learning Español



Agora que non temos cole, queremos ofrecervos esta opción para que sigades aprendendo cousas dun xeito moi divertido. Ainda que non debemos pasar moitas horas frente as pantallas queremos recomendarvos a canle de youtube “HAPPY LEARNING ESPAÑOL” onde ides atopar unha gran cantidade de videos divertidos e interesantes cos que seguro ides aprender cousas novas, como por exemplo curiosidades do corpo humano, dos animais, de ciencia, de matemáticas, de inglés…
¡¡Botádelle un ollo!!



lunes, 20 de abril de 2020

31º HOXE RECOMENDAMOS

ESCOITA OS SONS DA NATUREZA


Seguro que ao igual que nós, vós tamén estades botando de menos a natureza e os seus sons: o vento entre as árbores, os animaliños, o son da auga do río…
Ainda que xa queda pouco para que poidamos sair a difrutar disto, hoxe queremos recomendarvos unha paxina web na que nos deixan escoitar os sons dos bosques tropicais máis grandes do planeta. Só tedes que poñer os auriculares, escoller o ecosistema  (AMAZONÍA, ÁFRICA CETRAL ou BORNEO ) clicar nas coorderadas que queiras e… DISFRUTAR DA NATUREZA.

RETO 13

RETO DA MENTE: A TÉCNICA DO COLLAGE

Hoxe queremos retarvos a que fagades un collage. Para quen non sepa o que é, o collage é a técnica de pegar diferentes imaxes sobre un papel. En Galicia temos unha artista dos collage chamada Lara Lars, ela utiliza imaxes de mulleres, dos astros e de dinosaurios principalmente, pero ti podes utilizar o que queiras, a continuación deixámosvos algunha das suas obras para que vos sirvan de inspiración. 






 


¡¡MOITO ÁNIMO!! QUEDADES TODOS E TODAS RETADAS A ENVIARNOS AS VOSAS CREACIÓNS.


RETO DO CORPO: COMO ANIMAIS

Para hoxe temos preparado un reto moi divertido. Trátase de imitar animáis para facer exercicio movendo todo o corpo. Para superar o reto terás que desplazarte como cada un dos animais a o longo do teu pasillo ida e volta. Nós seleccionamos catro: o cangrexo, o pato, o tigre e a rá pero podedes imitar moitísimos máis. Deixamos por aqui os nosos vídeos e esperamos recibir pronto os vosos con algunha idea nova. Moitisimas apretas virtuáis. 🐅🐍🐵🐧

O cangrexo: 



O pato:  



O tigre:



A rá: 



RESPOSTAS DE RETOS



Seguimos recibindo mensaxes de retos que propuxemos nas semanas anteriores. Moitisimas gracias pola tua participación Xoel. Fainos moita ilusión vervos disfrutar mentras levades a cabo os retos. Lembrade que...:



  • Si tendes algunha proposta que queirades levar a cabo, estamos abertos a escoitalas.

  • Si estades interesados en que se publiquen as respostas dos retos debedes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz



  • Podedes implicar aos vosos primos/as, veciños/as, pais/nais, compañeiros/as de clase.... A idea é que cantos máis participantes sexamos, mellor.


Imagen en el mensaje


domingo, 19 de abril de 2020

30º HOXE RECOMENDAMOS

ALFABETO DACTOLÓXICO


Cada unha das letras do alfabeto da lingua ou linguas orais de cada comunidade, ten un signo que as representa. O conxunto destes signos denominase "alfabeto dactolóxico".
Signar unha palabra con dactoloxia é expresa con signos as letras que forman a palabra escrita. A dactoloxia considerase un subsistema dentro do sistema de linguaxe de signos, que pode asumir certas funcións tales como respresentar un concepto ou un personaxe novo do cual todavía non existe o signo correspondente, etc. unha palabra expresada mediante as "letras" do alfabeto dactolóxico ten o mesmo valor que escribila nun papel.


¿Poderias expresar o teu nome utilizando o Alfabeto Dactolóxico? 
Se é así esperamos un video no que mostres como sería!!

sábado, 18 de abril de 2020

29º HOXE RECOMENDAMOS


BUSQUEDA DO TESOURO

Cómo preparar una búsqueda del tesoro para niños

Que é necesario:
  • Un tesouro para esconder: pode ser algo rico para comer, algún xoguete, unha sorpresa.
  • Papel, lápiz e cinta para pegar.
Como preparase:
  • Para comezar a xogar, hai que ter escondidas as pista de anteman. Para iso, escribimo-las en papelitos (sen a resposta) e escodemo-las onde corresponda (nunca esconder a adivinanza do espello no espello sempre é a anterior). Os participantes non deben mirar (poden quedarse na habitación, no sillón, mirando a tele).
  • As pista débense adaptar os espacios da casa.

Dinámica:

A pista  entregase cando xa este todo escondido. É a única que NON se esconde, as demais escondense onde corresponda: por exemplo, a pista 2 na mesa, a 3 na almofada, a 4 no paraugas, a 5 no espello e a 6 na nevera.


Esparamos unha foto dos vosos TESOUROS!!

viernes, 17 de abril de 2020

28º HOXE RECOMENDAMOS


Hoxe despediremos a semana cun Alalá. O Alalá e unha das formas musicais mais primitiva dentro do floclore galego. É Básicamente un canto con ritmo libre no que acostuma repetirse as silabas  "A-la-lá" como parte do estribillo.
O Alalá é considerado pola maioria dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica.
As letras soen ser de temática seria, neste caso sobre o COVID-19, e a interpretación é un valor de suma importancia: ao seren de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal.



Esperamos que gostedes!

RETO 12

RETO MENTE EN FORMA : MARCAPÁXINAS

Ola familias! Seguro que estades aproveitando este tempo a facer cousas que antes no podíades, e por iso seguro que alguén na vosa casa está a leer algún libro. Pero seguro que non tendes un marcapáxinas divertido e guay, asique qué vos parece se facemos un??

Aquí deixámosvos un montón de ideas!



ESPERAMOS OS VOSOS MARCAPÁXINAS!!

RETO CORPO EN FORMA: ¿SALTAMOS?

Hoxe o reto físico vaise centrar en SALTOS .Imos desenvolver catro saltos distintos. Dous de eles aínda que os vamos a facer sin patíns, forman parte do patinaxe artístico. Os outros dous están divididos en salto de altura e salto de lonxitude (adaptado ao espazo). 

SALTO 1: Salto simple.   O salto é un movemento que consiste en elevarse do chan con impulso para caer no mesmo lugar ou en outro. 

                                    


SALTO 2. Salto de lonxitude. O salto de lonxitude é unha proba que consiste en correr a máxima distancia que sexa viable para coller impulso e caer o máis lonxe posible nun espazo de area. Nós levámmolo a cabo pero adaptado ao espazo que dispoñemos. 


                                    

SALTO 3: Salto inglés. Este salto é o primero que se enseña en patinaxe, solo é de media volta. 

Paso 1. Ven precedido por unha entrada na que o patinador/a ven de espaldas cos brazos el L: brazo esquerdo estirado cara adiante e brazo dereito estirado cara a dereita, e quédase sobre a perna dereita e a perna esquerda estirada cara atrás. 

Paso 2. tras esta primeira entrada o patinador xira de frente sobre a perna esquerda (segunda entrada), 

Paso 3. a continuación, a perna dereita lánzase de atrás cara adiante en línea recta mentras se produce a flexión e extensión da perna esquerda no chan. Como consecuencia de este movemento o patinador/a elevase no aire e executa un xiro de media volta, caendo sobre a perna dereita.


                                      

SALTO 4.Salto Riper: 

Paso 1: O patinador/a prepárase para o salto patinando cara atrás, levanta a pierna esquerda extendéndoa cara adiante do seu corpo e apoiándose sobre a perna dereita únicamente que deberá estar un pouco flexionada 

Paso 2. Nesta posición collemos impulso saltando no aire unha volta completa, a caída no chan é sobre a sua perna dereita.