RETO DA MENTE: A TÉCNICA DO COLLAGE
Hoxe queremos retarvos a
que fagades un collage. Para quen non sepa o que é, o collage é a técnica de
pegar diferentes imaxes sobre un papel. En Galicia temos unha artista dos
collage chamada Lara Lars, ela utiliza imaxes de mulleres, dos astros e de
dinosaurios principalmente, pero ti podes utilizar o que queiras, a
continuación deixámosvos algunha das suas obras para que vos sirvan de
inspiración.
¡¡MOITO ÁNIMO!! QUEDADES TODOS E TODAS RETADAS A ENVIARNOS AS VOSAS CREACIÓNS.
RETO DO CORPO: COMO ANIMAIS
Para hoxe temos preparado un reto moi divertido. Trátase de imitar animáis para facer exercicio movendo todo o corpo. Para superar o reto terás que desplazarte como cada un dos animais a o longo do teu pasillo ida e volta. Nós seleccionamos catro: o cangrexo, o pato, o tigre e a rá pero podedes imitar moitísimos máis. Deixamos por aqui os nosos vídeos e esperamos recibir pronto os vosos con algunha idea nova. Moitisimas apretas virtuáis. 🐅🐍🐵🐧
O cangrexo:
O pato:
O tigre:
A rá:
No hay comentarios:
Publicar un comentario