miércoles, 29 de abril de 2020

RETO 17

RETO MENTE EN FORMA: CHOIVA MÁXICA DE CORES

Hoxe traémosvos dos nosos experimentos favoritos xa que é moi divertido e relaxante. Trátase da choiva máxica de cores e para poder facelo tan só necesitades:

  • Un vaso grande de auga
  • Aceite (girasol)
  • Colorantes alimentarios ou pintura diluída con auga
Tendes/ que botar primeiro  auga, despois o aceite e para rematar vas vertendo as pingas de colorante amodo sobre o aceite.




Agora a gozar das formas e debuxos que se van formando no auga!!!

RETO CORPO EN FORMA: XOGAMOS CON GLOBOS

Hoxe queremos celebrar con vos que xa podedes sair da casa (aínda que sabemos que por pouco tempo e con moitas precaucións). Por iso traemos una serie de xogos  físicos con globos.


En canto as actividades propoñemos algunhas a nivel idividual e outras nas que poden participar máis persoas. De todas as que propoñemos elexides a que máis vos guste.

  • Carreira con globos nos xeonllos: Este é un exercicio para facer mínimo entre dúas persoas, ainda que se queredes tamén o podedes facer individualmente. Debedes colocar o globo entre os xeonllos e desplazarse cara adiante ata chegar á meta.

  •  Globos con altura: Este exercicio trata sobre darlle altura ao globo e evitar que caia mentras o tocamos con diferentes partes do corpo. Podemos tocalo coas máns, cos xeonllos, coa cabeza ou cos pés.


  •    Soplidos traicioneiros: Trátase de levar na palma da mán un globo e teremos que movernos polo espazo sen que se nos caia. Si o facedes entre varios participantes tendes que procurar que se lles caia o globo aos demais soplando.

  • Volteretas con globos: Este é un exercicio dificilísimo que se debe de facer sobre unha superficie blanda. O reto consiste en elevar o globo, facer unha voltereta e recoller o globo no aire antes de que chegue ao chan. 
¡Esperamos que vos gusten as nosas propostas de hoxe e esperamos vervos facendo algún dos retos que propoñemos! ¡Moitas apretas virtuáis, xa vai quedando menos!🎈🎈

No hay comentarios:

Publicar un comentario