viernes, 24 de abril de 2020

RETO 15

RETO DA MENTE: SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Hoxe traémosvos un reto especial, xa que seguimos celebrando o día do libro. Pero antes de poñervos a proba queremos que vos fixedes no seguinte:

A continuación vemos tres imaxes que en principio non teñen moita conexión entre elas:


 Pero aquí vos deixamos un pequeno conto (descoñecemos o autor/a) que lle dará sentido e nos axudará a entender a conexión.

" Fai moito, moito tempo, un neno que paseaba por un prado cerca da casa dos seus avós, atopouse cunha gran árbore que tiña o seguinte cartel: "Son a árbore encantada, se dis as palabras máxica o comprovarás"


O neno probou con todas as palabras máxicas que se lle ocurriron "abracadabra, superfragilisticoespialidoso, tan-ta-ta.chán" e moitas outras, pero nada. Rendido, tirouse no chan e dixo ¡¡¡POR FAVOOOR, ARBOLIÑO!!! e foi entonces cando se abriu unha gran porta no tronco da árbore. Todo estaba escuro, menos un cartel que decía :"segue a usar a túa máxia" . Entón o neno dixo: ¡¡¡GRACIAS, ARBOLIÑO!!!, foi así como se acendeu unha luz que iluminaba un camiño que conducia a unha montaña chea de xoguetes e de doces de todo tipo.


O neno puido levar a todos os seus amigos e amigas a aquel lugar tan especial e pasar as mellores tardes do mundo, e por iso se di que "por favor" e "gracias" son as palabras máxicas!"

Esperamos que vos gustase tanto como a nós. E agora chegou o voso turno, sodes capaces de crear unha historia a partir das seguintes imaxes do conto" Catuxa te descubre A Coruña"?












Sabedes dicirnos en qué lugares está Catuxa e cómo se chaman??

RETO CORPO EN FORMA: MISIÓNS EN A CORUÑA

Continuando co dia do libro, en paticular co conto "Catuxa te descubre A Coruña" as probas de hoxe están ambientadas na nosa cidade .



Castelo de San Antón: Equilibrio con ollos abertos e ollos pechados.

A protagonista do conto, Catuxa, pasea polos alrededores do Castelo de San Antón cos ollos pechados. Nós propoñemos que fagades un xogo de equilibrio cos ollos abertos, e despois cos ollos pechados a ver si vos é fácil manter o equilibrio. 




Praza de Maria Pita: Loita de pulgares.

A praza de Maria Pita, na que se encontra o ayuntamiento de A Coruña, tamén é coñecida pola historia da muller que lle da o nome. Pois foi ela mesma a que loitou xunto con todos os coruñeses e coruñesas para vencer a uns forasteiros ingleses que querían asaltar a cidade. Para loitar Maria Pita utilizou os 5 sentidos e logrou levar acabo a súa hazaña.
Agora comprobaremos que ben utilizades os vosos sentidos:

O primero que faremos será vendar os ollos, a continuación facilitaremos diferentes alimentos ou obxetos para que averigue de que se trata sen utilizar a vista. Podemos utilizar, por exemplo, Un plátano, un cascabel, canela, un estropallo... 


Obelisco: Proba de agudeza visual.

Este monumento empezouse a construir en 1894, e trátase de unha columna moi alta e de forma octogonal na cal arriba de todo sitúase un reloxo. Para poder ver a hora, necesitamos practicar a agudeza visual, xa que non calquera pode vela ¿Non si?



Torre de HérculesConstrúe a túa propia torre.


Tras derrotar o xigante Xerión, quen tiña atemorizado a todos os habitantes de A Coruña, Hércules mandou contruir unha torre para que todos os coruñeses lembrásemos ¡O que fixo por nós!
Agora é o momento de recrear esta torre tan emblemática da nosa cidade con calquiera material que encontredes na casa.




Monte de San pedro: Xogo de esquivar.


A bateria de cañóns do Monte de San Pedro forma parte de unha antiga instalación militar de defensa costeira nun periodo no que habían moitas loitas. Nós propoñemos un xogo de esquivar. No noso caso utilizamos peluches pero podedes usar outros materiais blandos como coxíns ou papel e que non vos faga dano. 



Quedades todos e todas retados e retadas, e aínda que con un día de retraso pero...
 ¡¡Feliz día do libro!! 🌹

No hay comentarios:

Publicar un comentario