lunes, 27 de abril de 2020

RETO 16

RETO MENTE EN FORMA: A RECICLAXE



Hoxe queremos falarvos da importancia que ten a reciclaxe. Pero… ¿qué é a reciclaxe? Esta técnica consiste en darlle unha segunda vida aos residuos que xeneramos, e para isto so temos que separar o noso lixo de xeito correcto para levar a cada un dos contedores que hai nas rúas.

Reciclar é unha das pequenas cousas que todos e todas podemos facer no noso día a día, pero que teñen unha gran importancia para un futuro medioambiental sostible. Darlle unha segunda vida ao lixo supón unha menor explotación dos recursos naturais que nos ofrece o planeta, e tamén que ese lixo se acumule en vertedoiros ou que remate no mar ou nos bosques, en definitiva coidamos un pouquiño máis do noso planeta.

¿Ti sabes reciclar?
Ainda que hai unha gran cantidade de contedores, hoxe comezaremos polos principais:


  • O amarelo para envases de plásticos, briks e envases metálicos
  • O azul para papel e cartón
  • O verde para vidro
  • O verde oscuro ou marrón para os residuos orgánicos

E dito isto… ¡¡queremos retarte!! ¿Saberías decir a qué contedor vai cada un destes residuos?





RETO CORPO EN FORMA: COORDINADO

O reto de hoxe será especialmente divertido. Cada monitor vai plantexar un reto no que precisaredes de toda a vosa coordinación e que debedes superar o máis rápido que poidades e cos mínimos intentos que sexa posible. ÁNIMO:


Reto paseo entre papéis: Para desenvolver este reto necesitaredes duas pezas de cartóns/cartulinas ou papéis. É moi sinxelo, tan só poderedes camiñar sobre as pezas de papel de maneira que para dar un paso cara adiante teredes que coller o papel que deixachedes atrás, e así sucesivamente ata chegar a meta. 








Reto derriba coa cabeza: 





Reto transportes sen perder o equilibrio: 



Reto encesta rápido:





No hay comentarios:

Publicar un comentario