SUPERA O RETO

Para dar o reto por superado soamente tes que enviarnos unha foto, un texto ou un vídeo da proba que realizases. Lembra que o texto e a foto suman 1 punto, pero se envías un vídeo gañarás 10 puntos para o teu colexio e 10 antivirus para a loita contra o Coronavirus.

Ah! se envías unha foto de papá ou mamá facendo tamén a proba sumas un punto extra por cada persoa que convenzas para facer o reto. Pero se o que consegues é que envíen tamén un vídeo, suman outros 10 puntos extra por cada vídeo enviado.

A dirección de correo onde tes que enviar a foto ou o vídeo é:

fapasvictorlopezs@gmail.com

Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue. 

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOGUE PULSA AQUÍ: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9