Hoxe queremos que demostres os teus coñecementos sobre os cinco sentidos,
(vista, cheiro, gusto, tacto e oído) e para iso retámoste que completes as actividades que che
propoñemos a continuación, e por suposto nos envíes as respostas en formato
vídeo ou foto. ¡¡XUNTOS/AS FACÉMOSLLE XAQUE AO VIRUS!!
- Retámoste a que fagas un debuxo onde nos sinales en que parte do corpo se atopa cada un dos sentidos. Deixámosche unhas pistas por si as precisas.
- A continuación retámoste a que nos digas cantas das seguintes figuras son redondas e cantas rectangulares. ¡OLLO! Pon toda a túa atención, pode ser que haxa algunha trampiña...
- ¿Serías capaz de reproducir os sons que emite cada un dos obxectos e animais que aparecen nas imaxes? Retámoste a poñer a proba o teu oído!
- Gracias as papilas gustativas que se atopan na lingua somos capaces de saborear a comida, estas encárganse de distinguir os alimentos segundo sexan AMARGOS, ÁCIDOS, DOCES ou SALADOS. Agora retámoste a que sexas ti quen clasifique os alimentos das imaxes segundo o seu sabor.
- Para poñer a proba o teu sentido do tacto, retámoste a que nos envíes un debuxo onde nos mostres:
- Algo SUAVE como unha pluma.
- Algo DURO como un libro.
- Algo BLANDIÑO como unha nube de gominola.
- Algo RUGOSO como a corteza dunha árbore. - Para poñer a proba o teu sentido do cheiro, poderías agrupar as seguintes imaxes segundo che pareza agradable o seu cheiro ou creas que é desagradable?
2.PROBA CORPO EN FORMA
Hoxe imos propoñervos esta proba con diferentes retos. ¿Seredes capaces de superarnos? ¡¡ÁNIMO!!
- Psicomotricidad
- 👊🏻👍🏻👎🏻✋🏻✌🏻🤞🏻👌🏻🤙🏻🖖🏻
- Elasticidade
Como é un reto un pouco complexo, non vos preocupedes si non vos sale tal cual se reflicte no video, xa que tamén imos valorar os seguintes niveis de dificultade:
1ºNivel: se chegades ao chan con ou sin axuda das mans.
2ºNivel: se chegades ao chan sin axuda das mans e colledes o papel.
3ºNivel: se chegades ao chan sen axuda das mans, colledes o papel e ademais o volvedes a deixar sin que se caia.
- Puntería
- Motricidade
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 1 punto para o teu colexio e 1 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio serán 10 puntos e 10 "antivirus".