Hoxe queremos saber canto coñecedes sobre o reino animal, para iso retámosvos a que superedes as seguintes probas. Non vos esquezades de enviarnos as respostas, cada punto suma para deixar en "XAQUE" ao VIRUS. ¡¡Moita sorte!!
- Retámoste a que nos digas que animal se esconde detrás de cada unha das seguintes siluetas.
- Retámoste a que nos digas 5 animais que voen, cinco animais que vivan na selva e cinco que vivan no medio marino. Os que máis che gusten!
- Retámoste a que completes as letras que faltan nas seguintes adiviñanzas e nos digas qué animais se esconden tras elas. Animámoste a que debuxes a resposta e nos envíes unha foto!
↠"S_N PEQUE_O E B_ANDIÑO E A M_ÑA C_SA L_VO ENRIB_ DO L_MBIÑO"
↠" SO_ AS_UTO E XOGUET_N E CA_AR UN _ATO É A MI_A MÁ_S G_ANDE A_ICIÓN" - Retámoste a que ordenes as seguintes letras e nos digas que producto se obtén dos animais das imaxes.
5. E por último... deixámosvos uns vídeos cunha técnica moi fácil para debuxar animais, tan só necesitas un lápiz, pinturas e as túas mans. Animámoste a que nos envíes un video do proceso ou unha foto co resultado final. ¡¡ÁNIMO!!!
2. PROBA CORPO EN FORMA: "A mover o esqueleto"
Para combatir o aburrimento de pasar estos días na casa, os educadores/as do CEIP Víctor López Seoane decidimos realizar algúns dos bailes más divertidos do famoso xogo Fortnite.
A continuación adxuntamos os nosos videos bailando e vós retamos a qué realicedes polo menos 5 dos bailes seleccionados:
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 1 punto para o teu colexio e 1 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio serán 10 puntos e 10 "antivirus".