lunes, 23 de marzo de 2020

RETO 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020

1.PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso o lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo vivible con algo que resulta obrigatorio para todos nestes días, que nos una e faga fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….



2.PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

  • Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces

  • Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

  • Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.

  • Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

  • Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 1 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 10 puntos e 10 "antivirus".