domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE MATE AO VIRUS

Xogo virtual


XAQUE MATE AO VIRUS



Este xogo online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Lecer, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.


Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación en liña dos nenos e nenas inscritos no Programa de Lecer (Deporte no Centro, Lecer Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque Mate ao virus.

O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso gran de area.O Xogo consiste é un taboleiro virtual no que contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.




A presentación dun novo reto farase cada día no seguinte blogue:

fapasvictorlopezseoane.blogspot.com

Se ese reto supérase entre todos o neno e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.


A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, poñerase unha vez presentados os retos.




ATRÉVETE!
XUNTOS VENCEREMOS