miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5

RETO 5

RETO MENTE EN FORMA "UTILIZANDO AS MANS"


Hoxe queremos poñer a proba a vosa imaxinación, e para iso traémosvos unhas manualidades moi sinxelas e con material que todos e todas temos na casa. ¡¡ANIMÁDEVOS A MANDARNOS UNHA FOTO CO RESULTADO FINAL!!



Para a primeira, so ides necesitar:
  • pinzas das que se usan para colgar a roupa
  • cartulinas ou folios
  • rotuladores ou lápices. 
  • Se tedes purpurinas, pegatinas ou outros materiais parecidos tamén os podedes utilizar.


Deixámosvos varios exemplos para que teñades algunha idea.




Para a segunda manualidade imos necesitar:

  • Unha caixa (ou a sua tapa) se non tedes podedes facela de cartulina ou buscar algo que se lle poida parecer.
  • Palliñas de plástico, pauciños ou podedes enrolar papel e pégalo de maneira que fagades uns pauciños.
  • Pegamento e tesoiras
  • Unha boliña.


A intención é pegar as palliñas na caixa de forma que fagamos un laberinto, con principio e fin.
Podedes retar á vosa familia a completar o laberinto no menor tempo posible.

Deixámosvos unhas imaxes que podedes utilizar como exemplo.




RETO CORPO EN FORMA ''A ESCOBA''

Para o reto de hoxe imos precisar unha escoba e moita imaxinación.
Cada educar  pensou un reto cunha escoba, cada un maís complicado que o anterior, e tamén decidimos plantear-vos un xogo que consiste en adiviñar qué obxetos estamos imitando coa mesma escoba ca que faremos o reto.

Vos animamos a que superedes todos os retos, adiviñedes que obxetos estamos imitando e tamén a que inventedes outro uso para as vosas escobas!!



Parte 1





Parte 2




                                         
Parte 3





Parte 4