miércoles, 1 de abril de 2020

7º HOXE RECOMENDAMOS...

Hoxe recomendamos...

                                 O BOTE DA CALMA

Estes dias de confinamento é normal que nos podamos sentir ansiosos por querer ou non querer facer determinadas cousas, como sair fora da casa, facer moitos deberes ou tareas, discutir con alguén... etc. Por iso hoxe vos propoñemos que fagades o bote da calma, que é unha ferramenta que pode resultar moi útil para calmarvos cando estades nerviosos. Cando axitamos o bote, podemos observar como a purpurina se move de maneira descontrolada como cando estamos enfadados. Entón debedes respirar profundamente mentras observades cómo a purpurina vai caendo e depositándose no fondo do bote, e a auga volve a ser transparente, como dentro de ti, se te sabes tranquilizar. 


Para poder desenvolver esta manualidade debedes dispoñer dos seguintes ingredientes: 
  • Un bote de cristal ou unha botella de plástico, preferentemente transparente e que non teña etiquetas.
  • Purpurina, aceite de bebé ou outros materiais como xoguetes pequenos.
  • Pegamento glitter ou transparente.
  • Auga templada do grifo.
  • Colorante alimentario para darlle color a auga.
  • Unha culler sopeira e outra de postre.
Deixovos aqui un enlace para que sepades qué pasos seguir para facelo. Queremos ver os vosos botes da calma!! Animádevos !!  https://www.youtube.com/watch?v=uLhg-IEueTk