RETO MENTE EN FORMA: AS CONSTELACIÓNS
Xa que na recomendación anterior falamos das estrelas decidimos seguir co ceo. Por iso hoxe traémosvos unha manualidade relacionada con elas!!A manualidade de hoxe ten que ver coas constelacions.¿Sabedes que son?
Unha constelación é un grupo de estrelas que realiza unha forma imaxinaria no ceo de noite. Os seus nomes son en honor a carácteres mitológicos, xente, animais e obxectos. En diferentes partes do mundo, a xente inventou diferentes formas para elas.
Para que poidades velas na vosa casa imos facer un telescopio. Para iso necesitades:
- Tantos rolos de papel hixiénico como constelacións queirades facer
- Tantos moldes de madalenas como contelacións.
- Unha goma
- Pegamento
- Un palillo/ou algo con punta
Aquí deixamos algunhas constelacións para que poidades imprimilas.
RETO CORPO EN FORMA: A BAILAR
Para o reto de hoxe só imos precisar un pouco de ritmo e toda a nosa enerxía.
Preparamos duas coreografías de ZUMBA adaptadas para nenos. A primeira é maís sinxela e a segunda un pouquiño mais movidita.
Agora só falta que vos poñades diante do voso ordenador con ganas de mover o esqueleto.
E non olvidedes facer un video para amosarnos que tal quedou a vosa coreografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario