RETO DA MENTE: EXPERIMENTOS DIVERTIDOS
Hoxe queremos retarte a facer dous experimentos con materiais que podemos atopar na nosa casa sen problema. Como sempre, animámosvos a envíarnos fotos e vídeos co resultado, e a que retedes á vosa familia a participar. ¡¡ANIMO!!
¿Un ovo flota ou afunde?
Para facer este experimento vas necesitar:
- 2 ovos
- 2 vasos con auga
- 1 cucharada de sal
- PROCESO: Nun vaso con auga soamente imos
botar un ovo. No outro vaso con auga botaremos a
cucharada de sal e removeremos sobre 30segundos, a continuación botaremos o
outro ovo.
- ¿Que sucede? O que vemos e que o
primeiro ovo afunde e o segundo ovo flota. ¿Por que sucede isto se os dous ovos
pesan o mesmo? A resposta atópase na auga, no segundo vaso cando botamos a sal
cambia a densidade da auga, isto é o que fai flotar o ovo.
Deixámosche un vídeo co proceso:
¿Eres capaz de pescar un cubiño de xeo?
Necesitarás:
- cubos de xeo,
- 1 fío longo
- 1 vaso con auga
- sal
- PROCESO:Botaremos o xeo nun vaso con auga
e colocaremos o fío sobre o cubiño, botámos con coidado un pouco de xeo,
cando pasen uns segundos levantarás o
fío e vas ver como o xeo se uniu ao fio.
-
Deixámosche un vídeo coa
demostración e a explicación deste fenómeno.
RETO CORPO EN FORMA: RETO IMPOSIBEL
Co reto de hoxe poñeremos a proba a vosa coordinación. Para este reto só precisamos do noso corpo e de moita concentración... A continuación vos deixamos os videos cos nosos retos imposíbeis e esperamos que os consigades facer moito mellor que nos!!
Esperamos os vosos videos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario