RETO DA MENTE: O MUSEO NACIONAL DO PRADO
No pasado ano 2019, o
Museo do Prado cumpliu 200 anos. Imaxínate... ¡¡200 anos!!
O museo atópase en Madrid, e nel expóñense obras de arte moi famosas de
artistas moi coñecidos e importantes da historia de todo o mundo. A
continuación deixámosche un video que crearon para celebrar o seu aniversario onde nos explica un pouco máis da súa
historia.
O museo ademais de ser un dos máis visitados
do mundo tamén é dos máis importantes. Visitalo é todo unha experiencia, neste
momento que está pechado queremos compartir con vós duas guías en forma de vídeo adaptadas a
nenos e nenas das nosas obras preferidas. Nelas a Infanta Margarita e o seu mellor amigo o
Infante Francisco de Paula que viven no
propio museo e teñen a vosa idade, explícannos as obras dun xeito moi
divertido.
Animámoste a que as escoites, e se che gustan podes buscar máis en
Internet, non dubides en escribirnos e podemos enviarchas. Aquí as deixamos:
- As Meninas de Velázquez:
- O Xardín das Delicias, do Bosco
Nós queremos retarte a que ao igual que os
máis famosos pintores e pintoras, nos envíes unha obra de arte feita por ti.
¡¡QUEDADES TODOS E TODAS RETADOS!! ¡¡ÁNIMO!!
VIDEO 1
VIDEO 2
RETO CORPO EN FORMA: PERCUSIÓN MANUAL
Hoxe traemos un novo reto, esta vez imos facer percusión coas máns. Parécenos algo moi interesante co que traballar algúns aspectos que forman parte da psicomotricidade, neste caso traballaremos: o ritmo, a coordinación óculo-manual e a motricidade fina e grosa.
Coma sempre, imos deixarvos varios exemplos dos diferentes ritmos que fixemos nós, dous de eles estáns inspirados en cancións, concretamente ''We will rock you'' do grupo Queen e mais ''The wild horses'' da cantante española Paula Rojo. Os videos nosos van dende o máis sinxelo ata o máis complexo:
VIDEO 1
VIDEO 2
VIDEO 3
VIDEO 4
E vos, ¿coñecedes algunha outra canción na que se faga percusión? ¿Seredes capaces de imitar algún dos nosos ritmos elexidos? ¡¡Seguro que si!! ¡¡Esperamos vervos!!😄🌟🎸🎶🌈
No hay comentarios:
Publicar un comentario