lunes, 6 de abril de 2020

RETO 7

RETO DA MENTE: PASAPALABRA

Hoxe traémosvos o famoso xogo do pasapalabra, a finalidade é completar o rosco adiviñando a palabra que se agocha tras cada letra do alfabeto galego, no menor tempo posible. Recomendámosvos que retedes á vosa familia a xogar, xa que é un xogo moi divertido!

¡ENVÍANOS UN VÍDEO TEU COMPLETANDO O NOSO ROSCO! QUEDÁDES TODOS E TODAS RETADOS. ¡¡ÁNIMO!!

A: Medio de transporte aéreo con motores e alas.
B: Abrir a boca cando estamos cansos/as ou temos sono.
C: Animal de compañía que ladra.
D:Moedas ou billetes do banco e cos que podemos facer a compra.
E: Animal moi pesado que vive na sabana e se caracteriza por ter unha gran trompa como nariz.
F: Sensación do noso corpo que nos leva a abrigar para recuperar calor.
G: Obxecto redondo que se infla con aire.
H: Cando relatamos uns feitos imaxinarios ou reais, estamos contando unha...
I: Idioma falado en Inglaterra, nos Estados Unidos e en moitos outros lugares.
L: Luz e calor que se producen cando se queima algo.
M: Moble que se compón dunha tabla e catro pés, que utilizamos por exemplo para comer ou para estudar.
N:O que facemos cando nos mantemos na auga e nos movemos nela grazas aos brazos e as pernas.
Ñ: ¿Como se chama o recipiente onde nos bañamos?
O:Aparello electrónico con pantalla, teclado, rato e altavoces.
P: Instrumento redondo con ferreñas que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo.
Q:Alimento que se obtén do leite, e que lle gusta moito aos ratiños.
R:Pequeno roedor de cor gris con rabo longo.
S: Réptil sen patas, cun corpo alongado e que se arrastra polo chan.
T:Aparello electrónico co que podemos chamar e enviar Whatsapp.
U: Froita pequena e redonda que se da en racimos.
V: Acción dalgúns animais que teñen alas.
X:¿En que se convirte a auga cando a conxelamos?
Z:Persoa que traballa facendo, amañando ou vendendo zapatos.




RETO CORPO EN FORMA ''XOGOS ADAPTADOS''


Para o reto de hoxe adaptaremos diferentes xogos populares ós materiales que atoparemos en calqueira casa.

Materiais:  Rolos de papel hixienico, botes de xabon, botellas de auga, unha escoba, un vaso, par de calcetÍns enrolados e recipientes de diferentes tamaños.

Cada monitor mostraremos en un video un dos xogos propostos e lembrade enviar os vosos videos superando o reto. ¡ÁNIMO!

Bolos:






Golf:




Petanca:





Baloncesto: