RETO 6
RETO DA MENTE "ORIGAMI"
Para quen non sepa o que é o origami, consiste en ir doblando un papel ata construir figuriñas sen utilizar tesoiras nin pegamento.Estos son uns exemplos de todo o que pode chegar a facer con esta técnica.
Hoxe nós, traémosvos dous exemplos moi sinxelos para comezar a facer origami.
- O primeiro consiste en facer un AVIÓN DE PAPEL, para isto só ides necesitar un folio, que máis tarde ides poder decorar. Deixámosvos a explicación no seguinte vídeo.
- O segundo é un pouquiño máis complicado, pero estamos seguras de que con paciencia o ides conseguir. Trátase de facer unha ABELLA, e para este ides necesitar un folio pero é moi importante que sexa cadrado. Tamén vos deixamos o video a continuación.
¡¡QUEDADES RETADOS E RETADAS!! ¡¡MOITO ÁNIMO!! ESPERAMOS AS VOSAS FOTOS
RETO CORPO EN FORMA ''CLASE DE IOGA''
O ioga é unha práctica que conecta o corpo, a respiración e a mente mediante exercicios físicos, de respiración e de meditación e ten múltiples beneficios como: o aumento da flexibilidade, o fortalecemento dos músculos e ósos, a mellora da respiración...etc. Por iso hoxe traemos para vos catro exercicios moi sinxelos que vamos a explicar a continuación:
Exercicio 1: postura do gato.
Cando soltedes o aire redondeade a espalda levando a barbilla ao peito.
Podedes repetilo cinco veces.
Exercicio 2: postura do can.
Partimos da seguinte postura: mans e xeonllos no chan. Debemos coller aire...
Cando soltedes o aire, debedes de estirar as pernas ao mesmo tempo que os brazos, empuxando coas mans firmes no chan, relaxando a cabeza e mirando aos pés. Podemos facer cinco repeticións.
Exercicio 3: postura da cobra.
Para levar a cabo esta postura debemos tumbarnos boca abaixo, poñendo os brazos ao lado dos hombros e collede aire profundamente...
Cando soltedes o aire, levantade a cabeza e o peito á vez. Para descansar debemos baixar a frente ao chan. Podemos repetilo unhas cinco veces.
Exercicio 4: postura da abella.
Para poder facer esta postura debemos sentarnos coas pernas cruzadas e respirar profundo...
Cando soltemos o aire debemos de presionar cos nosos dedos índices (de maneira suave) sobre as orellas, tapándonos os oídos, cerrando os ollos é a vez emitimos o son : ''AOMMMMM'' ata que botemos fora todo o aire. Podemos repetilo ata cinco veces.