Hoxe traémos dous probas moi sinxelas con materiais que todos e todas temos na nosa casa. ¡¡ANIMÁDEVOS A MANDARNOS UNHA FOTO CO RESULTADO FINAL!!
Para a primeira proba necesitades:
- Cartón do papel hixiénico ou de cociña
- Pegamento
- Folios ou cartulinas
- Cores
A segunda proba consiste en facer un dado para poder realizar o reto de corpo en forma.
Para a segunda proba necesitades:
- Un folio ou unha cartulina
- Pegamento
- Cores
RETO CORPO EN FORMA: OCA DAS OLIMPIADAS
Hoxe traemos un reto moi divertido, trátase do xogo da oca pero transformado nun xogo baseado no movemento. Para xogar necesitamos: un dado e un tabloeiro. Pois segundo o número que saia no dado vainos levar a unha casilla do taboleiro, é en cada casilla debemos levar a cabo determinados exercicios de movemento, como bailes, ir a pata coxa, carreiras, volteretas, imitacións etc. ¡Quedades retadas e retados a xogar! ¡Esperamos que vos guste tanto coma a nós! 💙🐤
No hay comentarios:
Publicar un comentario