AS EMOCIÓNS
Queremos recomendarvos un xogo online para poñer a
proba canto sabedes sobre as emocións… pero… ¿Sabes o que son as emocións?
Estas son sensacións, pensamentos, comportamentos que se producen dentro de
cada un e cada unha de nós, ante unha situación en concreto.
Poñoche uns
exemplos: ante o feito de recibir un regalo que non esperamos, a emoción que se
desperta en nós é a alegría, e ante o feito de perder un pelota que nos gusta
moito a emoción que se desperta en nós é a tristeza. ¿Verdade que te sintes de
forma diferente según sexa a situación? Outras emocións que seguro que tamén
coñeces son o enfado, o medo, o asco e a sorpresa.
A continuación deixámosche o enlace deste xogo tan
divertido no que seguro que aprendes algo novo sobre as emocións. ¿Eres capaz
de supéralo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario