viernes, 29 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

CAMPAMENTOS DE VERÁN



A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

Facilitámosvos un tríptico do programa ''Con Cilia no cole'' con toda a información:

jueves, 28 de mayo de 2020

79° HOXE RECOMENDAMOS

Para finalizar o día queremos ensinarvos como facer un spinner de cartón. Para iso necesitades:

  • Un carton
  • Un recipiente redondo
  • Lápiz 
  • Rotuladores
  • Hilo/cuerda
Aquí tendes o vídeo

Esperamos ver as vosas creacións!! 

78°HOXE RECOMENDAMOS

Hoxe traemos unha manualidade moi divertida. Para facela necesitades:

  • Folios 
  • Lápiz 
  • Tesoiras
  • Palliñas
  • Un recipiente redondo
  • Celo
  • Papel albal
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como facelo!


Moita sorte! 

miércoles, 27 de mayo de 2020

77º HOXE RECOMENDAMOS

MANUALIDADES CON CUNCHIÑAS

Agora que xa podemos ir a praia e disfrutar de todo o que nos ofrece queremos recomendarche unha manualidade moi divertida con cunchas. 
Para ela só ides necesitar: cunchas, plastilina, ollos de prástico (opcional), pegamento, cartulinas, purpurinas se queredes e pinturas.
Trátase de crear diferentes animais usando as cunchas como se fose o seu corpo. A continuación deixámosche unhas imaxes para que vos sirvan de exemplo.





RETO 30

Hoxe traémosvos o último reto de Xaque o virus e para iso queremos poñer a proba a vosa vista!
Poderías decir que números son os que están escondidos nuestras imáxes? Deixade as vosas respostas nos comentarios!!! 









Seguro que todos sabedes onde se atopa esta estatua...Pero, ¿Quen sabe que homenaxea?¿Que famoso Alcalda da nosa dicidade o inauguro?


Vos retamos a que enviedes unha foto da parte que maís gostedes do voso barrio!

RETO 29

Aproveitando o bo tempo de esta semana, saimos facer deporte.¿Quen sabe que é o edificio que se ve no fondo da foto?¿O nome da praza na que se atopa, a que famosa heroina Coruñesa esta dedicado?¿Que fixo esta muller pola nosa cidade?


Vos retamos a que investiguedes todo o que poidades sobre o que, tanto a praza como esta heroína, representan para nosa cidade.
Tamén estades retados a que enviedes unha foto vosa facendo deporte o aire libre!

martes, 26 de mayo de 2020

76º HOXE RECOMENDAMOS


CONTOS CLÁSICOS DIFERENTES

Seguro que todos e todas escoitastedes ou lestedes contos clásicos como Carapuchiña vermella ou os Tres porquiños.
Hoxe queremos compartir con vós os mesmos contos, pero nunha versión diferente. Contanos, ¿gústanche máis as historias de sempre ou estas máis recentes?






75º HOXE RECOMENDAMOS


DEBUXANDO NAS MANCHAS

Hoxe traémosvos unha recomendación moi orixinal e divertida! ¿Ti serías capaz de facer un debuxo usando unha mancha nun papel como silueta?
A continuación compartimos con vós un video onde a artista Luz Beloso fai debuxos a partir de manchas de café. Queremos animarte a que o vexas, e se te animas a facer a túa propia creación a compartas con nós.



lunes, 25 de mayo de 2020

74º HOXE RECOMENDAMOS

A LENDA DA TORRE DE HÉRCULES

Conta a lenda que un xigante chamado Gerión reinaba nas terras do Tajo ao Douro e tiña atemorizada a toda a poboación. Hércules coa súa forza enfrentouse a él e despois de tres longos días de dura loita, venceuno. Contan que enterrou a sua cabeza e mandou construir encima unha torre (de ahí que no escudo da nosa cidade apareza representada unha calaveira baixo a torre), foi ao redor dela onde apareceu a cidade de Crunia, en honor á primeira muller que viveu nela e da cal se namorou. 
A día de hoxe Crunia, sería a nosa querida cidade da Coruña, e a torre que mandou construir sería a Torre de Hércules. A continuación deixámosche un vídeo no que se conta outra das aventuras de Hércules: cando creeou o mar Mediterráneo!!


RETO 28

Para esta primeira parte do reto, queremos poñerte a proba e que demostres canto sabes sobre películas de Disney. ¿Saberías decir a cal delas pertencen as seguintes frases?  Deixa a túa resposta nos comentarios. ¡MOITO ÁNIMO!

  1. "Pero... sen a miña voz... ¿Cómo?"

  2. " ¡¡Ata o infinito e máis aló!!" 

  3. "Ohana significa familia, e a túa familia nunca te abandona nin te esquece"

  4. "¡Hakuna matata! Vive e se feliz".





Nos atopamos na entrada dun xardin emblematico da nosa cidade, ¿Alguen sabe o seu nome?¿En me memoria de que famoso Xenaral Ingles foi construido?¿Sades tamen o nome da batalla onde este faleceu?


Este parque tamen e coñecido pola diversa vexetación que se encontra en el; Vos retamos a que enviedes unha foto da vosa plata ou arbore preferida!

Recordade, todas as respostas suman puntos! 

sábado, 23 de mayo de 2020

72° HOXE RECOMENDAMOS

Este Martes, 26 de Maio, teremos de novo unha sesión de contacontos, da man dos educadores do CEIP Rosalia de Castro.

Non esperedes para reservar a vosa praza!!


71° HOXE RECOMENDAMOS

Este luns, 25 de Maio, teremos de novo unha sesión de contacontos, da man dos educadores do CEIP Maria Pita.

Non esperedes para reservar a vosa praza!!

viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 27




Para o primeiro reto de hoxe, queremos que vexas este pequeno video que conta a historia dun ourizo cacho que chega novo ao cole, e nos respondas as preguntas de máis abaixo. ¡¡MOITO ÁNIMO!!





  • ¿Cómo cres que se sinte el cando ao principio, non consegue facer amigos?
  • ¿Qué farías ti, se chegase alguén novo a túa clase?

Deixanos a túa resposta nos comentarios.

Para o segundo reto de hoxe imos propoñervos que intentedes fotografiar un insecto, pois coa chegada da primavera aparecen moitos.

 ¡Moita sorte!
🐛🐜🐞



jueves, 21 de mayo de 2020

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA

Continuamos coa diversión on-line.
Moitas grazas pola boa acollida destas sesions.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA:





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

70° HOXE RECOMENDAMOS

Hoxe queremos ensinarvos unha serie moi interesante.
Trátase dos Octonautas, un equipo de héroes submarinos que están sempre preparados para a acción e resolver misións no fondo do mar. Deixámosvos aquí algúns capítulos.







miércoles, 20 de mayo de 2020

RETO 26

Queridos nenos e nenas, para o reto de hoxe queremos seguir aprendendo sobre a nosa cidade. A continuación deixámosvos unha imaxe do escudo da cidade da Coruña, a simple vista vemos que conta con moitos detalles, o principal todos e todas o coñecemos: a Torre de Hércules! Pero... sabedes qué significan os demáis elementos? ¿E a calaveira que aparece baixo a Torre? 
Animámoste a que preguntes e a que busques información sobre o seu significado e que por suposto, nos contes o que descubras nos comentarios. Estamos convencidos de que o conseguiredes! ¡Moito ánimo!



Para hoxe  traemosvos a seguinte foto:

¡Pregunta!  ¿Alguén sabe onde se atopa e que función ten esta torre en forma de H? 
Pista: está na cidade de A Coruña. 


Vos animamos a que enviedes unha foto de algún edificio ou torre que sexa emblemático da nosa cidade. Lembrade que tanto as fotos como as respostas ¡¡Suman puntos!!


69º HOXE RECOMENDAMOS

XEADO DE FROITA

Agora que empezan a vir os días máis calurosos decidimos traervos dúas propostas para facer xeado de froita que teñen ¡Pintaza! Máis abaixo engadimos os enlaces que van dar as receitas 😋



👉Receita xeado cremoso a partir da froita: https://www.youtube.com/watch?v=XyE6xuXXXbQ

👉Receita xeado de fruta de pau: https://www.youtube.com/watch?v=ZOhKjtrYj8k

martes, 19 de mayo de 2020

68º HOXE RECOMENDAMOS


CÓMO SE CULTIVA UNHA PLATANEIRA?

No post anterior ensinámosvos a cultivar fresas a partir das súas sementes, pero ¿qué pasaría se queremos prantar unha plataneira? A continuación deixámosche un vídeo, no que a protagonista da historia se atopa con este mesmo problema, xa que cando abre un plátano comproba que non ten sementes ao igual que outras froitas. ¿Conseguirá descubrir como se fai? Animámoste a acompañala nesta divertida historia.


67º HOXE RECOMENDAMOS


CULTIVAR FRESAS

Hoxe queremos ensinarvos a cultivar unha froita tan sabrosa como son as fresas. E o mellor de todo é que o podemos facer na propia casa e sen apenas material. Sorprendentemente é algo moi sinxelo, e que se o facemos con cariño e coidado seguro que nos dará o resultado que queremos. Aquí vos deixamos unha imaxe co paso a paso do proceso. ¡¡Se o fas, envíanos a túa foto!!


lunes, 18 de mayo de 2020

66º HOXE RECOMENDAMOS

A CORUÑA ANTIGA

Hoxe queremos compartir con vós unhas imaxes da nosa cidade pero de hai moito tempo atrás. ¿Recoñeces os lugares? ¿Cres que cambiaron moito? 
Gustaríanos moito que se pasaras por algún destes lugares nos envíases unha foto e así poderemos comparar. 


Praza de María Pita




O Estadio De Riazor





CLASIFICACIÓN XERAL

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

ACTIVIDADES DA SEMANA

Propoñemosvos novas actividades divertidas para esta semana. Aquí tendes o calendario:





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOG. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

RETO 25

Hoxe traémosche un novo reto moi sinxelo: ¿Eres capaz de superar as seguintes probas? 
Recorda que esperamos a túa resposta nos comentarios. ¡¡MOITO ÁNIMO!!



  • A primeira proba consiste en atopar na sopa de letras os animais das imaxes, pero ¡OLLO! hai un animal intruso, é decir, non se atopa na sopa. ¿Saberías decirnos de cal se trata?  PISTA: OS NOMES DOS ANIMAIS ATÓPANSE EN LINGUA CASTELÁ.


 

  • Para superar a seguinte proba ¿serías capaz de seguir o laberinto para saber a que cohete está unido o astronauta? ¡FÍXATE BEN!




Ademáis dos anteriores retos plantexados imos engadir un máis... Para estes dias imos pedirvos que vos fixedes nas estatuas que poidan estar no voso entorno, e nos mandedes unha fotografía. A maiores nós eleximos subir a seguinte fotografia ao blogue:

 ¿Sabedes onde se encontra e cal é o seu significado? 
¡Si é así non dubidedes en contárnolo!







domingo, 17 de mayo de 2020

65º HOXE RECOMENDAMOS

Día das Letras Galegas

Con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas no que se recorda ao ilustre persoeiro  Carvalho Calero facilitamosvos duas páxinas para facer xogos e actividades súúper divertidas. ¡Animádevos! 🌼



sábado, 16 de mayo de 2020

64° HOXE RECOMENDAMOS

España, entre el cielo y la tierra



España, entre el cielo y la tierra é unha serie documental que recorre a xeografía peninsular dende o aire co obxetivo de resaltar aspectos xeográficos, históricos e culturais. Durante os tres meses de rodaxe, o equipo contou coa última tecnoloxía e recorreou todas as comunidades.

Unha joya informativa: 26 videos, cada un de 50 minutos, para ver todos os rincons de españa con todo luxo de detalles.

Aquí atoparás a lista de reprodución completa: https://www.youtube.com/watch?v=daz_ELj-GI4&list=PLuK_d3GBclen_rkVtsPV3ygPrp1NrnwR9


viernes, 15 de mayo de 2020

63° HOXE RECOMENDAMOS

Hip hop!



Vos animamos a que intentedes seguir os pasos de Adrian Franco!!

RETO 24

Hoxe queremos ensinarvos uns novos retos visuais.
A ver se sodes capaces de dicirnos cal é o diferente!








Deixade as vosas respostas nos comentarios. Moita sorte!! 


Esta semana o tempo acompañounos e fomos de paseo por Riazor. ¿Alguén sabe o nome do mítico entrenador do Deportivo que ten unha estatua nas escaleiras que levan a esta praia? Se e asi dínos o seu nome nos comentarios, ¡Sumaredes un punto para o noso colexio!

Praia de Riazor
Ademais, quen este fin de semana vaia a praia e nos envie unha foto xogando coa area terá outro punto extra!!

jueves, 14 de mayo de 2020

62° HOXE RECOMENDAMOS

Boas tardes a todas e todos!

Dende o colexio Salgado Torres convídannos a participar nun contacontos coa 
Marina Fernández e Pablo Lorenzo autores de : Los Lumbas.  Levarase a cabo o MÉRCORES 20 DE MAIO ÁS 19:00. Quen desexe participar ten que solicitar unha invitación a través do seguinte correo electrónico: fapassalgadotorres@gmail.com

Animádevos a participar!



XOGOS NA CASA

Esta semana comezamos a facer diferentes actividades online como: ioga, baile moderno, estiramentos, contacontos, psicomotricidade e moitas máis actividades. 

Deixámosvos aquí o calendario:



Reserva a túa praza enviando un correo ao seguinte enderezo:
fapasvictorlopezs@gmail.com

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE Á SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

miércoles, 13 de mayo de 2020

61º HOXE RECOMENDAMOS

MUFFIN DE CHOCOLATE


Ola nenos, nenas e familias, hoxe traemos algo que casi seguro vos vai encantar. Imos deixarvos unha receta para que poidades facer un muffin de chocolate en pouco mais de 2 minutos... Espero que vos encante tanto como a nós. Lembrade que... si levades a cabo a receita, mandadenos unha fotiño para darnos envexa.  😋


RETO 23

Queremos propoñervos uns retos visuais, tendes que buscar nestas imaxes diferentes obxetos. 
  • Sodes capaces de dicir onde está o corazón entre os elefantes? 


  • Sodes capaces de dicir onde está o balón entre estes osos panda? 





  • Sodes capaces de dicir onde está o Coello entre estés gatiños? 



Deixade as vosas respostas nos comentarios a ver quen é máis rápido! 



Hoxe imos pedirvos que vos fixedes no tempo metereolóxico 😎. Cando saiades a dar un paseo  ou teñades un minutiño libre dende a ventá do voso fogar, ¡Fixádevos moi ben qué tempo está a facer para despois compartilo con nos! 


Para os que saídes a dar un paseo hai un reto engadido, debedes fotografiar un termómetro 🔎.
 ¡¡¡Esperamos as vosas respostas!!!

Un termómetro marca 11º en A Coruña. / C.Pardellas