lunes, 1 de junio de 2020

PUNTUACIÓN FINAL

O xogo Xaque o virus chega ao seu final. Queremos agradecer a vosa participación e as máis de 5.521 respostas.
Gracias a vós todo isto foi posible!

A clasificación desta semana foi a seguinte:


Só nos queda desexarvos un bó verán e recordar que podedes recoller os vosos diplomas no Fórum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de xuño.

Moitisimas grazas e esperamos vervos pronto! 

viernes, 29 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

CAMPAMENTOS DE VERÁN



A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

Facilitámosvos un tríptico do programa ''Con Cilia no cole'' con toda a información:

jueves, 28 de mayo de 2020

79° HOXE RECOMENDAMOS

Para finalizar o día queremos ensinarvos como facer un spinner de cartón. Para iso necesitades:

  • Un carton
  • Un recipiente redondo
  • Lápiz 
  • Rotuladores
  • Hilo/cuerda
Aquí tendes o vídeo

Esperamos ver as vosas creacións!! 

78°HOXE RECOMENDAMOS

Hoxe traemos unha manualidade moi divertida. Para facela necesitades:

  • Folios 
  • Lápiz 
  • Tesoiras
  • Palliñas
  • Un recipiente redondo
  • Celo
  • Papel albal
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como facelo!


Moita sorte! 

miércoles, 27 de mayo de 2020

77º HOXE RECOMENDAMOS

MANUALIDADES CON CUNCHIÑAS

Agora que xa podemos ir a praia e disfrutar de todo o que nos ofrece queremos recomendarche unha manualidade moi divertida con cunchas. 
Para ela só ides necesitar: cunchas, plastilina, ollos de prástico (opcional), pegamento, cartulinas, purpurinas se queredes e pinturas.
Trátase de crear diferentes animais usando as cunchas como se fose o seu corpo. A continuación deixámosche unhas imaxes para que vos sirvan de exemplo.





RETO 30

Hoxe traémosvos o último reto de Xaque o virus e para iso queremos poñer a proba a vosa vista!
Poderías decir que números son os que están escondidos nuestras imáxes? Deixade as vosas respostas nos comentarios!!! 









Seguro que todos sabedes onde se atopa esta estatua...Pero, ¿Quen sabe que homenaxea?¿Que famoso Alcalda da nosa dicidade o inauguro?


Vos retamos a que enviedes unha foto da parte que maís gostedes do voso barrio!

RETO 29

Aproveitando o bo tempo de esta semana, saimos facer deporte.¿Quen sabe que é o edificio que se ve no fondo da foto?¿O nome da praza na que se atopa, a que famosa heroina Coruñesa esta dedicado?¿Que fixo esta muller pola nosa cidade?


Vos retamos a que investiguedes todo o que poidades sobre o que, tanto a praza como esta heroína, representan para nosa cidade.
Tamén estades retados a que enviedes unha foto vosa facendo deporte o aire libre!

martes, 26 de mayo de 2020

76º HOXE RECOMENDAMOS


CONTOS CLÁSICOS DIFERENTES

Seguro que todos e todas escoitastedes ou lestedes contos clásicos como Carapuchiña vermella ou os Tres porquiños.
Hoxe queremos compartir con vós os mesmos contos, pero nunha versión diferente. Contanos, ¿gústanche máis as historias de sempre ou estas máis recentes?






75º HOXE RECOMENDAMOS


DEBUXANDO NAS MANCHAS

Hoxe traémosvos unha recomendación moi orixinal e divertida! ¿Ti serías capaz de facer un debuxo usando unha mancha nun papel como silueta?
A continuación compartimos con vós un video onde a artista Luz Beloso fai debuxos a partir de manchas de café. Queremos animarte a que o vexas, e se te animas a facer a túa propia creación a compartas con nós.



lunes, 25 de mayo de 2020

74º HOXE RECOMENDAMOS

A LENDA DA TORRE DE HÉRCULES

Conta a lenda que un xigante chamado Gerión reinaba nas terras do Tajo ao Douro e tiña atemorizada a toda a poboación. Hércules coa súa forza enfrentouse a él e despois de tres longos días de dura loita, venceuno. Contan que enterrou a sua cabeza e mandou construir encima unha torre (de ahí que no escudo da nosa cidade apareza representada unha calaveira baixo a torre), foi ao redor dela onde apareceu a cidade de Crunia, en honor á primeira muller que viveu nela e da cal se namorou. 
A día de hoxe Crunia, sería a nosa querida cidade da Coruña, e a torre que mandou construir sería a Torre de Hércules. A continuación deixámosche un vídeo no que se conta outra das aventuras de Hércules: cando creeou o mar Mediterráneo!!


RETO 28

Para esta primeira parte do reto, queremos poñerte a proba e que demostres canto sabes sobre películas de Disney. ¿Saberías decir a cal delas pertencen as seguintes frases?  Deixa a túa resposta nos comentarios. ¡MOITO ÁNIMO!

  1. "Pero... sen a miña voz... ¿Cómo?"

  2. " ¡¡Ata o infinito e máis aló!!" 

  3. "Ohana significa familia, e a túa familia nunca te abandona nin te esquece"

  4. "¡Hakuna matata! Vive e se feliz".





Nos atopamos na entrada dun xardin emblematico da nosa cidade, ¿Alguen sabe o seu nome?¿En me memoria de que famoso Xenaral Ingles foi construido?¿Sades tamen o nome da batalla onde este faleceu?


Este parque tamen e coñecido pola diversa vexetación que se encontra en el; Vos retamos a que enviedes unha foto da vosa plata ou arbore preferida!

Recordade, todas as respostas suman puntos!